lunes, 28 de enero de 2013

1.- O "CROWDFUNDING" COMO FORMA DE FINANCIAMENTO


(Escrito en Galego)

Nestos tempos nos que cada vez resulta máis difícil financiarse, apareceu unha nova figura coñecida como “crowdfunding”. Poderíamos traducilo por “patrocinio”, pero non nos deixemos levar polas aparencias porque a idea non é totalmente nova.

En España, un dos pioneiros no ”crowdfundingfoi o grupo de música Extremoduro. Para grabar o seu primeiro disco, pediron unha aportación de 1000 pesetas a amigos e xente habitual dos seus concertos. A cambio, cando eles lograsen recadar o diñeiro necesario para entrar a grabar ó estudo de grabación e rematar o seu proxecto entregaríanlles un disco. Na parte traseira do disco aparecerían os nomes de cada un dos seus mecenas. Falamos do ano 1989, aproximadamente. Comentaba Roberto Iniesta, o cantante do grupo, finalmente puideron grabalo e comenzar a entregar as unidades a cada un dos seu patronos, moitos nin siquera se acordaban de que fixeran tal aportación. “Simplemente che din o diñeiro para que deixases de molestarme co tema da grabación do disco”, comentaba algún deles.

Na actualidade, sobre todo nestos últimos anos, debido á falta de finaciamento, moitos dos proxectos de músicos, escritores, etc, anque tamén os de tipo solidario, fináncianse deste xeito. Eles acuden a unha plataforma de Internet e expoñen o seu proxecto tratando de conseguir que o público se interese por el e o apoie. Nos Estados Unidos, a plataforma de referencia é www.kickstarter.com. En España, tamén existen plataformas, coma www.lanzanos.com ou www.verkami.com. A idea é que a persoa ou grupo de persoas que necesite financiamento expoña o seu proxecto nesta plataforma, explicando que é o que quere facer e canto diñeiro necesitaría para facelo. Comeza así un prazo para que os patronos fagan as súas aportacións vía Internet a cambio de “recompensas”. A plataforma levaríase unha comisión como cobro polos servizos prestados e o persoa ou grupo conservaría a súa propiedade sobre o resultado final.

Para explicar a que nos referimos co de “recompensas”, tomaremos un exemplo. Imaxinémonos un grupo de música que quere lanzar ó mercado un disco. Daríase de alta na plataforma e podería establecer estas “recompensas”: 5 EUROS darían dereito a realizar unha descarga dixital do mesmo; con unha aportación de 10 EUROS, recibiríamos o disco físico e teríamos dereito a unha descarga dixital; unha aportación de 15 EUROS daríanos dereito á descarga dixital, ó disco físico e a unha camiseta do grupo, e así sucesivamente, ata chegar a unha aportación máxima que nos podería permitir, incluso, disfrutar do grupo nun concertó privado e exclusivo. Ademáis, si o proxecto non consigue reunir o diñeiro nese prazo pactado, a aportación non se faría efectiva.

A nivel mundial, o caso de Pebble quizáis é o máis chamativo. Trátase dun reloxio compatible con tecnoloxía Apple e Android. É un producto que reúne tódolos requisitos para triunfar: novedoso, chega fácil ó público, ten múltiples utilidades,... Nun principio, os sus creadores propuxéranse como obxetivo chegar ós 100.000 dólares americanos e o resultado foi un éxito sin precedentes. A súa recadación final foi de máis de 10 millóns de dólares. Prevese que as 85.000 primeras unidades do producto comecen a chegar ós seus destinatarios en breve polo que o proxecto non está totalmente rematado, pero parece ser que o éxito está asegurado.

E, despóis do visto, poderíamos preguntarnos: Onde está o truco?. Pois ben, vaiamos á web de referencia, www.kickstarter.com e leamos. O máis sorprendente é que a plataforma lávase completamente as mans no aspecto relativo ó cumprimento do compromiso de realización do proxecto, é dicir, é o patrono o que ten que asegurarse de que o proxecto “é de fiar”. A plataforma, limítase a facer recomendacións e suxerencias para non ser víctimas dun posible timo ou engano (consultas á web do artista, búsqueda de información vía Internet,...) pero sempre recalcando que son simples intermediarios. Kickstarter, obliga ós artistas a firmar un compromiso de realización do proxecto para dar cobertura ós seus patronos e proporcionar unha ferramenta en caso de que deba facerse unha reclamación vía xudicial, pero sin garantías reais de que esto poida ser realmente útil. Non obstante, parece ser que estos últimos meses estiveron traballando para mellorar este tipo de problemas, solicitando máis información ós creadores acerca dos seus proxectos.

Por todo o dito anteriormente, atopámonos cunha arma de dous gumes. Usada correctamente temos un potente instrumento de financiamento pero, quizáis, é un campo tan novedoso en Internet que necesite ainda certas modificacións. Por exemplo, paróuse alguén a pensar o fácil que sería plaxiar alguna idea de alngún proxecto que non se chegara a levar a termo?, ou que pasa con todos eses proxectos que, nun principio, non chegaban a triunfar pero que co paso do tempo se convertían en éxitos?. É esta, realmente, unha “selección natural” de proxectos exitosos?. No haberá detrás de moitos destes proxectos grupos interesados en facer un estudo de mercado co fin de coñecer as preferencias dos consumidores?.

Problemas aparte, creo que benvida sexa o financiamente, calquiera que sexa, e que posiblemente estemos ante a salvación económica de gran cantidade de proxectos que, de outra maneira, no poderían levarse a termo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario