domingo, 10 de marzo de 2013

5.- FAN "AGASALLOS" OS BANCOS?

(Escrito en Galego)

O tema que vou a desarrollar neste post ten que ver cas políticas levadas a cabo polos bancos nestos últimos anos destinadas á captación de fondos dos aforradores a través de depósitos remunerados con “agasallos”.

Cada ano, e en algúns casos dunha forma periódica, os bancos lanzan campañas diseñadas especialmente para atraer novos clientes. O sistema consiste en que o cliente fai un depósito de diñeiro no banco a cambio dun “agasallo”. Hainos de todo tipo. Queren vostedes unha televisión?. Unha tablet?. Un robot aspirador?. Un coche?. Non se preocupen. Fagan un depósito nun banco e este faralles un “agasallo”. Ou non?.

Da miña experiencia laboral en banca saquéi dúas conclusións: unha é que os bancos moi poucas veces perden (anque sempre hai excepcións) e a outra é que un banco nunca da nada. Así que cuidado cos agasallos porque poden sair caros.

Analicemos e vexamos. Cando nosoutros facemos un depósito nun banco, comprometémonos a prestar ó banco unha determinada cantidade de diñeiro pola cal recibiremos unhos xuros a cambio. Isto era o que sucedía normalmente. Qué está sucedendo agora?. O que fan os bancos é pagar esos xuros en forma de retribución en especie, e dicir, os bancos non che dan o diñeiro en billetes, senón en produtos, e ista retribución inclúela na túa declaración da renda. Dito de outro modo, debes tributar por ela. Pero, non era un agasallo?. Vaiamos máis alá. Ó considerarse que o banco está entregándoche un ben, cobrarache o IVE correspondente de aplicar un porcentaxe ó valor dese ben entregado. Queren saber si ainda hai máis?. Pois haino. Existen fortes penalizacións para disuadir ós clientes que queiran retirar diñeiro de depósito antes do prazo pactado. Con todos istos puntos, e por este último en especial, sempre aparece algún problema porque os bancos moitas veces non explican con claridade ós sous clientes tódalas condicións do depósito.

E non estou dicindo que a operación non sexa nunca ventaxosa para o cliente. O que trato de explicar é que este agasallo ten un coste e só será ventaxoso cando o valor da retribución final percibida sexa maior ca que percibiríamos se fixésemos un depósito “tradicional”, o cando nos interese o produto e o prezo do produto o final da operación sexa menor co valor de mercado dese produto se o comprásemos nunha tenda. E, todo isto, tendo en conta que non vamos a poder dispoñer dese diñeiro depositado no banco ata que pase un prazo determinado, a non ser que queiramos pagar a penalización correspondente.

Pola outra banda, non cren vostedes que o sector bancario esquécese de traballar en calidade e de fidelización de clientes cando propón este tipo de depósitos?. Quero dicir, que sucede cos clientes que teñen o seu diñeiro nunha conta corrente dun banco dende fai anos e que perciben que o trato que lles da o banco non é tan ventaxoso como o que da a clientes novos?. A miña experiencia dime que o malestar que se xenera en clientes habituáis é grande, sobre todo si os bancos publicitan algo similar a “faga un ingreso de 3000 euros no “Banco X” e lévese gratis este fantástico agasallo”. Os clientes habituáis normalmente síntense menospreciados.

Como conclusión, dicir que, a partir de agora, cando fagan un depósito deste tipo calculen ben ata que punto lles vai a resultar rentable. E lembren, non pensen que os bancos se fixeron ricos a base de facer agasallos porque os únicos agasallos dos que teño constancia son os que fixeron para mitigar o enfado dalgún cliente descontento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario