miércoles, 6 de febrero de 2013

2.- RECICLANDO, POR QUE?

(Escrito en Galego)

Dende fai uns anos, a palabra “reciclaxe” está constantemente na nosa vida diaria. Temos colectores azuis, amarelos e verdes, e reciclamos todo tipo de productos: papel e cartón, vidro, plástico, pilas, aceite usado, ... A maioría destes productos seguen un camiño que comeza nas nosas casas  e vai ata as plantas de reciclaxe, previo paso polos colectores de reciclaxe. Nesas plantas, faise unha separación entre a parte aproveitable e a parte que non o é, e faise un tratamento de residuos. Incluso hai empresas de tratamento de residuos, como é o caso de COGERSA (Consorcio para la Gestión de los Residuos Sólidos de Asturias) en Asturias, que aproveitan o metano (CH4) xerado no proceso para consumo da propia planta, que se autoabastece de enerxía desa maneira. A priori, parece un método sinxelo no que tod@s saen gañando. Ou non?. Imos facer unha análise rápida a ver a que conclusión podemos chegar.

Vexamos, os “recicladores” teñen que facer a separación dos productos dunha maneira altruísta, é dicir, a única contraprestación que reciben é a satisfación de que actuaron de xeito correcto. Refírome a que cando, por exemplo, van mercar un paquete de folios reciclado, teñen que pagar o mesmo diñeiro que paga unha persoa que non reciclou.

Por outra banda, os Concellos. Teñen que pagar á empresa de tratamento unha tasa coma contraprestación ó servizo de recollida de residuos. Parte desa tasa repercútenlla ós cidadáns en forma de impostos.

A empresa de tratamento de residuos é o punto final na cadea da reciclaxe. Obten materia prima por parte dos “recicladores” e non só non ten que pagárllela, sinón que cobra por recollérllela. A verdade é que hai empresas que traballan con materias primas cun custo que se podería considerar que é de 0 euros (empresas relacionadas con enerxías renovables, por exemplo) pero este é un caso aínda máis curioso. Preguntáronse alguna vez por que non deberían de pagar estas empresas para obter esa materia prima?.

Volvendo ó título do post: “Reciclando, por que?”. Creo que xa poden facerse unha idea de por onde vai a ir agora o meu razoamento. Como dixemos anteriormente, a reciclaje é unha cadea, por lo que si falla un dos seus eslabóns a cadea rómpese. Que acontecería si un día os “recicladores” considerasen que non merece a pena reciclar porque a súa utilidade non aumenta cando o fan?. Hai algún motivo, cuestións éticas aparte, para que isto  non chegue a acontecer algún día?. Posiblemente isto esté relacionado co cambio de política que se está a levar a cabo no tema da reciclaxe dende fai poucos anos. Así, o que empezou sendo unha maneira altruísta de colaborar ca protección do medio ambiente, rematou convertíndose nalguns casos en “algo máis”. Refírome, por exemplo, o caso do Concello de Madrid que establece multas ,ós cidadáns ou ás comunidades de veciños, no caso de que non se identifique ó infractor, que poden chegar ata os 750 euros, reservándose o dereito a realizar a investigación oportuna co fin de saber quen non reciclou de forma axeitada.

E eu pregúntome,  comezamos con algo voluntario que rematará convertíndose en algo obrigado?. Posiblemente si. Con toda seguridade remataremos cun sistema parecido ó que teñen en Bélxica, onde se establecen diferentes tipos de residuos que deben de ir en bolsas amarelas verdes, azuis, moradas ou brancas, segundo o producto que teñamos que reciclar. Bolsas especiais que deben de mercarse nos supermercados. Ademáis deposítanse na rúa, non nos colectores, unha ou dúas veces por semana. Dende o punto de vista económico tal vez sexa un sistema xusto, porque se penaliza a quen máis residuos xera.

Si o que queremos en España é que o sistema funcione, por que non nos plantexamos medidas como establecer uns “bonos de reciclaxe”?. Podería levarse algún tipo de control sobre a cantidade de lixo que recicla cada individuo e xerarlle descontos proporcionais á súa capacidade de reciclaxe. Sería isto unha loucura?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario