miércoles, 13 de febrero de 2013

3.- PODE SER ESPAÑA 'TOYOTISTA'?

(Escrito en Galego)

Antes de comezar, gustaríame explicar a que nos referimos co termo “Toyotismo”. É un concepto que aparece para definir ó novo sistema de xestión   e produción que substituíu ó 'Fordismo', creado a comezos do século XX por Henry Ford, e que, ata entón, fora o sistema de referencia a nivel mundial. Ford, percatárase de que, pese á variedade de produtores de automóbiles existentes nese momento no mercado, a oferta non era moi ampla. Así, plantexou un novo sistema baseado en: produción en cadea; estandarización dos produtos (a especialización nun produto en concreto facía que os costes de produción baixasen); popularización do produto (había unha maior oferta de produtos e isto facía que o prezo de venda poidese ser menor) e establecemento de salarios de eficiencia (pagábase un plus ós traballadores para que se fidelizasen ca empresa). Como curiosidade, o Ford-T, era catro veces máis barato co resto dos coches do mercado, e pintábase sempre de cor negra porque era a pintura que menos tardaba en secar, o que posibilitaba unha venda máis rápida.

Frente a todo isto, a comezos dos anos setenta, aparece a figura de Taiichi Ohno. Como enxeñeiro da fábrica xaponesa de coches Toyota, recibe o encargo de dar un xiro á política da empresa buscando unha maior eficiencia. Ohno, desenrolará un sistema coñecido como 'Toyotismo'. Despois de moitas observacións diseña a base do novo sistema establecendo as seguintes pautas: disminución de stocks no almacén (trabállase sobre demanda con pedidos ó provedor segundo a necesidade, no sistema chamado “Just in Time”); os traballadores son flexíbeis e multifuncionáis (son capaces de traballar ca maquinaria e axudar a resolver problemas de produción); pódense fabricar gran variedade de produtos; trabállase con “novos conceptos” (Poka-Yoke, Kaizen,...); traballo en equipo...

Sóalle a alguén todo isto?. A partir dos anos oitenta, a sociedade occidental comenzóu a mirar hacia Xapón intentando atopar a resposta a esta pregunta: Por que o “método xaponés” era millor?. E a resposta foi adaptar ese método a Occidente. E, en España, esto significóu, entre outras cousas, promocionar o traballo en equipo. Pero, como dixéramos antes, o método xaponés non se baseaba exclusivamente no traballo en equipo. Este sólo era unha peza máis dunha engrenaxe que funcionaba á perfección nunha sociedade como a xaponesa na que apenas se coñecían os termos free-rider nin escaqueo.

E eu digo que é absurdo pensar que se poden facer este tipo de extrapolacións. O traballo en equipo, por exemplo, non é millor nin peor que o traballo individual. Simplemente hai que ver en que condicións se pode aplicar. Ademáis, aspectos como, por exemplo, a necesidade de ter unha gran coordinación cos provedores; que cada traballador sexa responsábel da máquina ca que traballa coma si fora súa; a creación de grupos de mellora (grupos de traballadores que, voluntariamente, reúnense fora dos horarios de traballo para discutir as posíbeis melloras nas tarefas); etc. fan pensar que é posíbel que este sistema non fose moi apropiado para España.

O que realmente fixo Taiichi Ohno foi ver con que pezas contaba e diseñar un sistema no que esas pezas poidesen encaixar. Ohno non adaptóu o “Fordismo” a Xapón, creou un sistema novo baseado na singularidade do país, do mesmo xeito que o “Fordismo” era un sistema creado á medida dos Estados Unidos.

A miña opinión é que non deberíamos supor que os sistemas son universáis ou que por incorporar unha serie de aspectos dun determinado sistema imos a obter un resultado óptimo. Non podemos pensar que o que se fai en Alemania, por exemplo, podería ser aplicable a España. Cada cuestión ten unha solución, e, para atopala, debe facerse unha análise individual do que queremos mellorar e de como podemos facelo, deixando a un lado solucións fáciles aplicadas noutro tipo de contextos. Por iso, España debería investigar as pezas que ten, o obxetivo que quere acadar e o modo de conseguilo. Debería analizar as singularidades que ten e cal pode ser a maneira para contar cun sistema produtivo máis eficiente. E isto debería facelo a nivel de país, de sector e incluso de fábrica. Ou non?.

No hay comentarios:

Publicar un comentario